Estás en:

A Tarxeta do Club Fenosa é unha tarxeta de crédito MasterCard gratuíta de por vida. Con ela podes pagar as túas compras en máis de 16 millóns de establecementos de todo o mundo e utilizala en todos os caixeiros automáticos. Ademais, pódela domiciliar na túa conta bancaria. Por cada compra que realices coa Tarxeta do Club acumularás Euros Fenosa que poderás cambiar cando queiras por descontos na túa factura da luz, por calquera dos produtos da nosa Tenda Online, ou ben doalos a un proxecto solidario. A Tarxeta do Club permíteche decidir como e cando queres pagar cada mes e solicitar, se o desexas, un aumento do límite do crédito. Ademais, podes solicitar tarxetas adicionais para os membros da túa familia, que se poderán beneficiar así de todas as vantaxes dos socios do Club Fenosa.

Condicións da tarxeta
Consulta todas as condicións do contrato da Tarxeta do Club Fenosa. Descarga o arquivo adxunto para coñecer todos os detalles do teu interese.

Formando parte do Club terás á túa disposición o noso Servizo de Asistencia no Fogar e o noso Servizo de Asistencia en Viaxes. Cunha simple chamada poderás contar con profesionais que te axudarán ante calquera incidencia, xa sexa unha reparación no teu domicilio ou unha avaría do teu vehículo en estrada.
© Gas Natural Fenosa
Plaça del Gas, 1. 08003 Barcelona