- España

Buscador

Club Fenosa

Estás en:

  1. Club Fenosa >
  2. Euros Fenosa

Euros Fenosa

Pagando coa tarxeta de crédito Mastercard do Club obtés Euros Fenosa que podes cambiar por descontos e produtos, ou doalos a un proxecto solidario.

Conseguir Euros Fenosa é moi doado:

Imaxe de recurso

Regalámosche 5 céntimos (0,05) de Euros Fenosa por cada 10 € de compra que realices coa Tarxeta do Club.

Podes obter 6 Euros Fenosa por cada amigo que se asocie ao Club.

Sendo socio do Club, podes solicitar unha tarxeta para un familiar ou amigo e os Euros Fenosa que xeren acumularanse na túa conta.

1 Euro Fenosa é igual a 1 euro, pero non poden ser cambiables por diñeiro, non son acumulables nin transferibles dunha conta de socio a outra.

Ofrecémosche diferentes opcións para utilizar os teus Euros Fenosa:

Imaxe de recurso

Na factura da luz. Para utilizar os euros na factura da luz, é necesario ter a subministración contratada con Unión Fenosa Comercial e ter un mínimo de 3 Euros Fenosa acumulados.

Lembrámoste que en cumprimento da normativa vixente aplicable ás comercializadoras de último recurso, desde o día 15 de outubro de 2011  non che podemos ofrecer a opción de troco de Euros Fenosa sobre a túa factura da luz de GAS NATURAL SUR SDG, S.A.(GNSUR).

Non obstante, se desexas seguir beneficiándote do desconto dos Euros Fenosa  na factura da luz, só tes que solicitarnos o cambio de comercializadora a Union Fenosa Comercial, S.L., no teléfono 901 44 11 44*. Se optas por continuar en GNSUR, dispós doutras dúas opcións para cambiar os teus Euros Fenosa:

- na nosa tenda online
- doalos a proxectos humanitarios.
 

*O cambio a Mercado Libre deberá solicitalo o titular do contrato, e deberá facilitar o seu número de conta e ter a man a súa última factura.

Cambiar Euros Fenosa na factura da luz chamando o 901 422 422. 

Imaxe de recurso

Na nosa Tenda online poderás adquirir calquera dos produtos aplicando os teus Euros Fenosa sobre o prezo final. Se tes menos Euros Fenosa dos que marca o prezo do produto que che gusta, podes pargar a parte que che falta con diñeiro.

Imaxe de recurso

En Proxectos Solidarios. Como socio do Club Fenosa podes colaborar nun Proxecto Solidario doando a cantidade de Euros Fenosa que elixas.

Para cambiar os teus Euros Fenosa, chama ao Centro de Servizos de Atención ao Cliente: 901 422 422. Se utilizas a Tarxeta do Club, recibirás mensualmente un extracto con todos os teus movementos e os Euros Fenosa que tes dispoñibles.
 

Tamén lle pode interesar:

Acerca de Gas Natural Fenosa

Plaça del Gas, 1. 08003 Barcelona