Estás en:

No Club Fenosa temos promocións exclusivas para ti. Descontos en espectáculos, actividades de ocio, viaxes, subscricións e moito máis.

Para os socios do Club Fenosa, todos os días son o día do espectador. De luns a venres, e en todas as sesións das salas de ABACO e CINEBOX (agás nos cines Ábaco Xerez) poderás comprar a túa entrada e a dun acompañante a prezo reducido presentando a túa tarxeta do Club Fenosa. Ademais, terás un 1.20 € de desconto no combinado de Menú Novo calquera día da semana. Entra en www.cinesabaco.com ou en www.cinebox.es para encontrar a túa sala de cine máis próxima. Esta promoción é válida de luns a venres, agás festivos e vésperas de festivos, ata o 31 de decembro de 2012.

Promescena ofréceche os mellores espectáculos de Madrid a prezos reducidos.

Madrid. Teatro Lope de Vega.
Novas entradas á venda ata o 15 de xullo.

Faunia, o parque temático da natureza, ofréceche un desconto de 6 € na túa entrada e na de 5 acompañantes, xa sexa para adultos, infantil, ou sénior. Podes consultar os horarios e prezos do parque na súa páxina web.

O Club Fenosa anímate a gozar dun día inesquecible enIsla Mágica con 5 Euros de desconto sobre un máximo de 4 entradas de día completo. Só tes que imprimir o vale promocional que che ofrecemos a continuación, e presentalo nas xanelas de Isla Mágica xunto coa túa Tarxeta do Club. Poderás cambiar o teu vale durante toda a tempada 2012. Ademais, tamén che ofrecemos un prezo moi especial no teu Pase de Tempada 2012 de Isla Mágica. Se queres máis información podes chamar ao teléfono de atención de Isla Mágica, 902 16 17 16.

Por ser socio do Club Fenosa, tes un 10% de desconto en todos os hoteis da cadea Ruralka. Os hoteis Ruralka son establecementos que buscan ofrecer algo máis aos seus hóspedes. Unha marca de calidade enfocada a un público que busca vivir auténticas experiencias nas súas escapadas. En calquera tempada do ano podes reservar a túa estanza a través da Central de Reservas de Ruralka no 902 012 637 ou mandando un email a reservas@ruralka.com (pagamento exclusivo coa tarxeta do Club).

O Club Fenosa convídate a gozar a un prezo excepcional de calquera dos 43 centros que ten a Asociación Española de Balnearios Urbanos e Spas repartidos por toda España (agás o Spa Loida de A Coruña). Ven agora e benefíciate dun 20% de desconto en circuítos termais e un 5% de desconto en masaxes e tratamentos de estética. Só tes que presentar a túa Tarxeta para acreditar que es socio do Club Fenosa. Ten en conta que estes descontos non son acumulables a outras ofertas.

Regalámosche 6 euros Fenosa por cada novo socio que veña da túa parte. Ademais, se o fas antes do 31 de decembro, os teus amigos gozarán dun 10% de desconto en todas as gasolineiras e en todos os restaurantes durante os 3 primeiros meses dende a súa data de alta.

Por ser socio do Club, todas as túas compras teñen regalos na Tenda Online. Escolle os que máis che gusten e cámbiaos polos teus Euros Fenosa (suxeito a dispoñibilidade dos produtos).

Nestes momentos estamos a traballar para ofrecerche máis vantaxes e un mellor servizo. Permanece atento, en breve terás boas noticias. Se queres gozar de todas estas promocións e de moitas máis vantaxes, faite socio do Club Fenosa.
© Gas Natural Fenosa
Plaça del Gas, 1. 08003 Barcelona