- España

Buscador

Club Fenosa

Estás en:

  1. Club Fenosa >
  2. Que é o Club >
  3. Condicións Xerais

Condicións Xerais

O Club Fenosa (en adiante, o Club), xestionado por UNION FENOSA COMERCIAL (en diante UFC), ten a finalidade de ofrecerlles vantaxes e beneficios aos clientes domésticos de UFC e de GAS NATURAL SUR, S.A. de electricidade (en adiante GNSUR). A participación e desenvolvemento réxese polas condicións que, a continuación, expoñemos:

Imaxe de recurso

Participación

  • Os socios do Club son os titulares da tarxeta UNION FENOSA SANTANDER CONSUMER FINANCE MASTERCARD. O titular da tarxeta dispoñerá dunha conta na que se anotarán os Euros Fenosa obtidos.
  • Por cada compra que o titular realice coa tarxeta do Club obterá Euros Fenosa. Non se concederán Euros Fenosa por disposicións ou fraccións das mesmas inferiores a 10 €.
  • Os Euros Fenosa xerados coas tarxetas adicionais acumularanse na conta do titular.
  • Os Euros Fenosa xerados nun mes faranse efectivos na conta do socio nos últimos días do mes.
  • Os Euros Fenosa teñen unha caducidade de 5 anos. Igualmente caducarán se no período dos últimos 12 meses non houbo ningún movemento, disposición ou pagamento de recibos na súa conta.

Troco de Euros Fenosa

  1. O socio poderá cambiar os seus Euros Fenosa na factura de UFC da luz ou do gas, en calquera produto da Tenda Online ou doalos a Proxecto Humanitarios, a través da páxina web www.clubfenosa.com ou no teléfono 901 422 422.
  2. Para poder cambiar os Euros Fenosa, é imprescindible estar ao corrente no pagamento dos recibos da tarxeta.
  3. O importe mínimo para cambiar os Euros Fenosa na factura da luz ou o gas é de 3 Euros Fenosa.
  4. Os Euros Fenosa cambiados na factura da luz ou o gas, faranse efectivos na seguinte factura que se emita tras a solicitude do troco por parte do cliente.
  5. O beneficiario do desconto na factura da luz ou o gas pode ser calquera persoa física que sexa titular dun contrato de subministración con UFC co pagamento domiciliado.
  6. Os Euros Fenosa nunca poderán ser cambiados por diñeiro e non son transferibles nin acumulables dunha conta de socio a outra.
  7. O troco dos Euros Fenosa na Tenda Online queda condicionado á dispoñibilidade dos produtos, que poderán ser substituídos por outros de similares características.

Información

  1. O socio recibirá periodicamente un extracto onde se reflectirán as operacións realizadas coa súa tarxeta, a situación dos seus Euros Fenosa e ofertas doutros produtos e servizos.
  2. O socio pode consultar calquera dúbida que se lle formule e informarse das ofertas e promocións do Club en www.clubfenosa.com ou a través do teléfono 901 422 422.

Xeral

  1. A extinción do contrato da tarxeta subscrito por titular con SANTANDER CONSUMER FINANCE, S.A. anula automaticamente os beneficios do Club e os Euros Fenosa, dispoñibles do socio.
  2. UNION FENOSA COMERCIAL resérvase o dereito de variar en calquera momento as condicións do Club, ou de cancelar este, pero sempre respectando o previsto no punto seguinte.
  3. Tanto no suposto de variación das condicións, coma no de cancelación do Club o socio conservará o seu dereito a cambiar os Euros Fenosa que tivera acumulados nun prazo de 6 meses.

Acerca de Gas Natural Fenosa

Plaça del Gas, 1. 08003 Barcelona