- España

Buscador

Club Fenosa

Estás en:

  1. Club Fenosa >
  2. Que é o Club >
  3. Preguntas e respostas

Preguntas e respostas

Estas son algunhas das preguntas e dúbidas máis frecuentes dos socios do Club.

Centro de Servizos ao Cliente. Chámanos ao 901 422 422

Euros Fenosa

Como podo utilizar os meus Euros Fenosa?
Podes utilizar os teus Euros Fenosa chamando ao teléfono do Centro de Servizos ao Cliente 901 422 422 ou cambialos online.

En que podo utilizar os meus Euros Fenosa?
Podes utilizalos para obter descontos na factura da luz, para comprar calquera produto da nosa Tenda online, ou ben doalos a un proxecto humanitario. Para utilizalos na factura da luz, é necesario ter a subministración contratada con Gas Natural Fenosa e ter un mínimo de 3 Euros Fenosa acumulados.

Como podo saber cantos Euros Fenosa teño?
Se utilizas a Tarxeta do Club, recibirás mensualmente un extracto cos Euros Fenosa que tes dispoñibles. Ou, se o prefires, podes utilizar a web para consultar o teu saldo ou chamarnos ao 901 422 422.

Trámites coa miña tarxeta

Podo aumentar o límite de crédito a miña tarxeta do Club?
Si. O límite que se asigna inicialmente a unha nova tarxeta é de 750 €, pero podes aumentalo cando queiras chamando ao noso Centro de Servizos o Cliente 902 030 320.

Podo cambiar a forma de pagamento?
Si. Sempre que o desexes, poderás axustar o pagamento coa tarxeta ás túas necesidades: a un mes ou a prazos, elixindo a forma en que desexas pagar en cada momento. Podes facelo chamando ao noso Centro de Servizos ao Cliente 902 030 320, indicando que queres cambiar a forma de pagamento.

Que teño que facer para cambiar os meus datos persoais?
Podes chamar ao noso Centro de Servizos ao Cliente 902 030 320. Tamén podes enviarnos un fax a un destes tres números: 91 484 58 66 ou 91 484 58 71 ou 91 484 51 48. Ou se o prefires, envíanos unha carta por correo postal a este enderezo: Club Fenosa, Santander Consumer Medios de Pagamento, Apd. FD 615, 28080 Madrid.

Que teño que facer para cambiar os meus datos bancarios?
Podes enviar os teus novos datos por fax a un destes tres números: 91 484 58 66 ou 91 484 58 71 ou 91 484 51 48. Tamén podes envialos por correo ao enderezo: Club Fenosa, Santander Consumer Medios de Pagamento, Apd. FD 615, 28080 Madrid.

Que son as tarxetas adicionais?
Son tarxetas autorizadas a utilizar a mesma conta do titular principal. Todas as persoas ás que autorices poderán ter a súa propia Tarxeta do Club, e calquera operación que realicen irá con cargo á túa conta e acumularanse no teu saldo de Euros Fenosa. Todas as tarxetas adicionais, igual que a tarxeta principal, son gratuítas de por vida.

Que debo facer para solicitar unha tarxeta adicional para un familiar?
Podes solicitala enviando unha solicitude asinada por ti, e a fotocopia do DNI do beneficiario da tarxetas solicitada por correo ao enderezo: Club Fenosa, Santander Consumer Medios de Pagamento, Apd. FD 615, 28080 Madrid. Deberás indicar que autorizas a emisión dunha tarxeta adicional cos seguintes datos:

Datos do titular: Nome, Apelidos, NIF, número de tarxeta e sinatura.
Datos do beneficiario: Nome, Apelidos, NIF, data de nacemento, sinatura, e fotocopia do seu DNI.

Vin unha promoción por facerse socio. Se lle fago ao meu fillo unha tarxeta adicional tamén me corresponde esa promoción?
As promocións ligadas a un novo socio son exclusivas para os titulares da tarxeta principal. Polo tanto, se o que estás a solicitar é unha tarxeta adicional, non poderás beneficiarte desta promoción.

Podo sacar diñeiro dun caixeiro coa miña Tarxeta do Club?
Si, podes solicitar a túa clave secreta no noso Centro de Servizos ao Cliente 902 030 320. Enviarancha por correo para garantir total confidencialidade. No momento de sacar diñeiro dun caixeiro automático debes lembrar que, ao ser unha tarxeta de crédito, o cobramento non se cargará na túa conta corrente ao instante senón a final de mes. Polo tanto, o trámite ten un custo de financiamento dun 5% para a forma de pagamento fin de mes. Existe un mínimo de 3 € con independencia da forma de pagamento.

En que caixeiros podo utilizar a miña tarxeta se saio ao estranxeiro?
Se dispós dunha clave para sacar diñeiro dos caixeiros, tes á túa disposición todos os caixeiros co distintivo MasterCard en calquera país do mundo.

Que sucede se en calquera momento perdo ou me rouban a miña tarxeta?
Non te preocupes. Poderás cancelar inmediatamente a túa tarxeta chamando ao teléfono de SANTANDER CONSUMER FINANCE 900 200 128, que está operativo as 24 h do día 365 días ao ano, e solicitar que te envíen unha nova tarxeta. Se estás no estranxeiro MasterCard ofréceche este mesmo servizo en teléfonos gratuítos que encontrarás en www.mastercard.com segundo o país onde te encontres.

Que diferenza hai entre unha tarxeta de débito e de crédito?
A simple vista non existe ningunha diferenza entre unha e outra. A diferenza estriba na súa utilización. Ao utilizar unha tarxeta de débito prodúcese un cargo instantáneo na conta do cliente polo importe exacto da operación, mentres que nas de crédito o cargo se realiza posteriormente e o importe axustarase a unhas condicións previamente pactadas.

Acerca de Gas Natural Fenosa

Plaça del Gas, 1. 08003 Barcelona