- España

Buscador

Club Fenosa

Estás en:

  1. Club Fenosa >
  2. Tarxeta >
  3. Servizos de asistencia

Servizos de Asistencia

Na túa casa ou na estrada, se es socio do Club Fenosa podes estar tranquilo. O noso Servizo de Asistencia no Fogar pon á túa disposición profesionais cualificados para realizar reparacións na túa casa, e co Servizo de Asistencia en Viaxes poderás contar con axuda se o teu coche sofre unha avaría na estrada.

Imaxe de recurso

Condicións do Servizo de Asistencia no Fogar

Sempre que o necesites enviarémosche un profesional cualificado para realizar servizos de mantemento e reparacións domésticas. Todos os traballos realizados teñen unha garantía de tres meses e lévanse a cabo con rapidez e eficacia.

En colaboración con Europ Assistance, o Club Fenosa ofréceche os servizos dos seguintes profesionais: acoiteladores, albaneis, ambulancias, antenistas, ATS, vernizadores, carpinteiros, carpintaría metálica, cerralleiros, cristaleiros, electricistas, enmoquetadores, escaiolistas, fontaneiros, limpacristais, limpeza xeral, mudanzas, parquetistas, persianistas, pintores, tapiceiros, técnicos en electrodomésticos (1), técnicos en TV/vídeo, técnicos en porteiros automáticos, vixilantes xurados. Chámanos en días laborables, entre as 9 h e as 18 h, e poderás pactar co profesional que necesites unha visita ao teu domicilio no prazo de 48 horas. As reparacións e mantementos irán ao teu cargo unha vez aceptes o orzamento correspondente.

Custos Man de obra(3)
Servizos non técnicos: 25 €/hora + IVE
Servizos técnicos(2): 30 €/hora + IVE
Apertura urxente de portas: 55 €/hora + IVE

Cando solicites un servizo de Asistencia no Fogar, facturarásete previamente a cantidade de 20 € + IVE en concepto de visita, que che será descontada na factura final en caso de prestarse o servizo. O profesional poderá facturar a localización de avarías ocultas cando esa sexa imprescindible para realizar o orzamento e pode solicitar un anticipo do 50% antes de comezar un traballo previamente orzamentado. Se o desexas, o profesional deberá entregarche as pezas substituídas e efectuar as tarefas necesarias de limpeza e recollida. Todos os traballos realizados teñen unha garantía de 3 meses. Un seguro de responsabilidade civil cobre calquera dano que se puidese causar durante as reparacións, con cobertura de ata 30.050 €.

Servizo de Asistencia en Viaxe

Se estás en estrada e o teu vehículo sofre unha avaría, tes un servizo de asistencia preparado para axudarche. Chámanos e mandarémoste un profesional que intentará reparar a avaría ao momento, e se non é posible remolcará o teu coche a un taller.

Custos dos servizos(3)(4)
Remolque: 35 € + IVE
Saída: 35 € + IVE
Serv. Interurbano: 0,7 €/km. + IVE (ida e volta)

Cando solicites un servizo de Asistencia en Viaxe, facturarásete previamente a cantidade de 35 € + IVE en concepto de saída, que che será descontada na factura final en caso de prestarse o servizo. 

Aviso Legal

  • Ten en conta que: (1) Non se inclúen fornos microondas, placas vitrocerámicas nin caldeiras ou quentadores individuais. | (2) Técnicos de electrodomésticos, técnicos de TV/vídeo, técnicos en porteiros automáticos e antenistas. | (3) Os servizos realizados entre as 20:00 e as 8:00 horas, sábados a partir das 13:00 horas e festivos, levarán un cargo adicional do 50% sobre a man de obra. | (4) No caso de que o vehículo sexa furgón ou 4 X 4, os prezos veranse incrementados nun 25%.

Acerca de Gas Natural Fenosa

Plaça del Gas, 1. 08003 Barcelona