hilo navegacion-->NO

Vantaxes

Imaxe de recurso

A Tarxeta Gas Natural Fenosa é unha tarxeta de crédito Mastercard, gratuíta de por vida, coa que, ademais, te beneficiarás de todas estas vantaxes:

Un 10% de desconto en gasolineiras e restaurantes durante os 3 primeiros meses como socio titular.

Servizo Anticipo: Se necesitas diñeiro en efectivo, só tes que chamarnos ao 902 030 320 e en 48 horas dispoñerás na túa conta do importe solicitado.

 En verán e en Nadal farémosche ofertas especiais.

Obterás 5 céntimos de Euros Gas Natural Fenosa por cada 10€ de gasto que realices en cada compra co teu cartón, e poderalos cambiar por descontos nas túas facturas da luz, por produtos da nosa Tenda Online ou doalos a un proxecto solidario.

Terás unha póliza gratuíta de 120.000 € en caso de accidentes en viaxes pagadas coa Tarxeta Gas Natural Fenosa.

Poderás elixir a forma de pagamento nas túas compras: ti decides como e canto pagar cada mes.

Dámosche todas as facilidades para solicitar un aumento de límite de crédito.

 Se o desexas, poderás utilizar a túa tarxeta nos caixeiros automáticos.

Poderás solicitar tarxetas adicionais gratuítas para a túa familia.