hilo navegacion-->NO

Condicións xerais

A Tarxeta Gas Natural Fenosa, xestionada por Gas Natural Servizos, SDG (en diante GNS), ten a finalidade de ofrecer vantaxes e beneficios os clientes domésticos de GNS. A participación e desenvolvemento réxese polas condicións que a continuación expoñemos:

Imaxe de recurso

Participación

  1. O titular de Tarxeta Gas Natural Fenosa-Santander Consumer Finance MasterCard dispoñerá dunha conta na que se anotarán os Euros Gas Natural Fenosa obtidos.
  2. Por cada compra que o titular realice coa Tarxeta Gas Natural Fenosa obterá Euros Gas Natural Fenosa. Non se concederán Euros Gas Natural Fenosa por disposicións ou fraccións das mesmas inferiores a 10 €.
  3. Os Euros Gas Natural Fenosa xerados coas tarxetas adicionais acumularanse na conta do titular.
  4. Os Euros Gas Natural Fenosa xerados nun mes faranse efectivos na conta do titular nos últimos días do mes.
  5. Os Euros Gas Natural Fenosa teñen unha caducidade de 5 anos. Igualmente caducarán se no período dos últimos 12 meses non houbo ningún movemento, disposición ou pagamento de recibos na súa conta.

Troco de Euros Gas Natural Fenosa

  1. O titular poderá cambiar os seus Euros Gas Natural Fenosa na factura da luz e/ou do gas de GNS, en calquera produto da Tenda online ou doalos a proxectos humanitarios. Os clientes con Plan de Pagamentos Fixos só se poderán descontar nas 11 mensualidades de cota fixa.
  2. Para cambiar en factura ou doar un proxecto humanitario o titular pode facelo en www.gasnaturalfenosa.es/tarjeta ou no teléfono 900 444 111; para cambiar en tenda debe facelo www.latiendagasnaturalfenosa.es
  3. Para poder cambiar os Euros Gas Natural Fenosa, é imprescindible estar ao corrente no pagamento dos recibos da tarxeta.
  4. O importe mínimo para cambiar os Euros Gas Natural Fenosa na factura da luz e/ou do gas é de 3 Euros Gas Natural Fenosa.
  5. Os Euros Gas Natural Fenosa cambiados na factura da luz e/ou do gas, faranse efectivos na seguinte factura que se emita tras a solicitude do troco por parte do cliente.
  6. Só se pode aplicar un desconto sobre unha mesma factura.
  7. O beneficiario do desconto na factura da luz e/ou do gas pode ser calquera persoa física que sexa titular dun contrato de subministración con GNS.
  8. Os Euros Gas Natural Fenosa nunca poderán ser cambiados por diñeiro e non son transferibles nin acumulables dun titular a outro.
  9. O troco dos Euros Gas Natural Fenosa na Tenda online queda condicionado á dispoñibilidade dos produtos, que poderán ser substituídos por outros de similares características.

Información

  1. O titular recibirá periodicamente un extracto onde se reflectirán as operacións realizadas coa súa tarxeta, a situación dos seus Euros Gas Natural Fenosa e información doutros produtos e servizos.
  2. O socio pode consultar calquera dúbida que se teña enwww.gasnaturalfenosa.es/tarxeta.

Xeral

  1. A extinción do contrato da tarxeta subscrito por titular con Santander Consumer Finance, S.A. anula automaticamente os beneficios da Tarxeta Gas Natural Fenosa e os Euros Gas Natural Fenosa dispoñibles.
  2. GNS resérvase o dereito de variar en calquera momento as condicións da tarxeta, ou de cancelala, pero sempre respectando o previsto no punto seguinte.
  3. Tanto no suposto de variación das condicións, coma no de cancelación da Tarxeta Gas Natural Fenosa, o titular conservará o seu dereito a cambiar os Euros Gas Natural Fenosa que tivera acumulados nun prazo de 6 meses.

Tamén che pode interesar